Información breve:
Trastornos de la
Conducta Alimentaria.
Para que falemos
de un verdadeiro trastorno da alimentación como a Anorexia ou a Bulimia é
necesario que se den unas características determinadas:
1. A rapaza ou
rapaz ten medo a engordar, a veces un medo moi grande a consecuencia do cal
tende a deixar de comer e por suposto adelgaza. A medida que adelgaza non se
encontra millor senon o contrario e sigue a deixar de comer.
2. Cando se
detecta o problema e se intenta correxir a rapaza ou rapaz son incapaces de
recuperar o peso a pesar de que se lle rife ou obrigue.
3. Tamén empezan
a verse gordas cando están delgadas, ou sexa que non se ven como é debido a sua
imaxen corporal (sempre se ven gordas).
A consecuencia final
é que están de mal humor, non queren comer, desfán a comida en migallas ou
tírana ou agáchana, e tardan un mundo en comer case nada.
Non sempre as
cousas son asi de craras pero hai que ter en conta dous puntos importantes que
nos deben poñer alerta:
1. Se unha
rapaza fala que se ve gorda estando
normal ou delgada e quere facer unha
dieta.
2 Se unha rapaza
ou rapaz estén perdendo peso pero
non se ve enfermo/a e incluso fai mais ejercicio que antes.
3. Se unha
rapaza ou rapaz comen unha cantidade considerable de comida (“vacian o
frigorífico”) e logo vomitan (se agachan no baño para facelo) e posible que teña bulimia ou Trastorno por
atracons.
En calquera
destes casos e se hai unha dúbeda razoable débese consultar co pediatra ou
médico de cabeceira para facer un diagnóstico e establecer unha vixilancia da
conducta e outros síntomas.